CARNOT
Álvarez Carnot, Juan José
( La Habana, Cuba, 1926 - Vigo, 2006 )
Biografía
Aínda que nado en América, pode considerarse galego pola súa longa vinculación ó pais, e en concreto a Vigo, onde reside. Artista autodidacta, cultiva case exclusivamente a acuarela. Os seus temas preferidos son as mariñas, e en particular os currunchos das praias da ría viguesa, con gamelas, xunqueiras, areais e piñeirais. Sobre un debuxo conciso aplica a súa mancha ampla, de cores case puras, con escasas veladuras. O seu temperamento artístico, sen dúbida acusado, supera a dureza dalgunhas execucións, e sobre todo, os inevitables tópicos dun modo de expresión como a augada, tan proclive á receita e á repetición. Carnot, pintor vocacionado, realizou numerosas exposicións individuais en Vigo e outras cidades de Galicia e participou en mostras colectivas, aínda que habitualmente está fóra de circuítos artísticos ó uso.
Bibliografía
PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.