PILAR ÁLVAREZ PABLOS
Álvarez Pablos, Pilar
( Pontevedra, 1967 )
Biografía
Artísticamente formouse en Cataluña, cursando a carreira de Belas Artes na Facultade de San Xurxo en Barcelona, na que se doutorou hai pouco. Realizou a súa primeira exposición colectiva na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra en 1987, na que estivo de novo representada ó ano seguinte. Participou en 1990 na homenaxe a Gaudí en Barcelona e en Xove Pintura Contemporánea da VIII Bienal de Barcelona. Acudiu á segunda mostra Unión Fenosa na Coruña en 1991, na que foi seleccionada, e tamén quedou finalista no concurso de bolsas para o estranxeiro da mesma institución en 1995. Reside habitualmente na cidade condal onde acadou un lugar sobranceiro entre os novos valores da pintura española. Cultiva unha expresión informalista, de raíz xeométrica, dalgún xeito emparentable co constructivismo de Torres García, se ben desprovisto do barroquisto do uruguaio que asentou en España.O seu excelente debuxo e a súa fantasía para a cor permítenlle fachendas de composición moi fermosas,con grande efectismo dentro dunha concepción moi razoada, ás veces case cartesiana da expresión estética. En superficies compartimentadas inscribe obxectoos insinuados, a modo de caprichosos mosaicos, emparentables co minimalismo.Elabora moi ben a materia, de maneira que a súa pintura acusa sempre un bo facer que se achega ó primor, aínda que estea lonxe da anécdota
Bibliografía
-II Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1991.