PAULA ANEIROS
Aneiros Piñeiro, Paula
( Mugardos, A Coruña, 1977 )
Biografía
Nacida nunha cidade de considerable tradición plástica, berce de pintores tan notables como Villaamil, Sotomayor e Belo Piñeiro, cursa a licenciatura de Belas Artes na Facultade da Universidade de Vigo. Consegue bolsas de investigación desta universidade, da Fundación Talens de Barcelona e da Fundación Rodríguez Acosta de Granada.
Gaña o primeiro premio da novena edición do concurso Bello Piñeiro e realiza experiencias didácticas, en serigrafía e técnicas fotográficas.
Comeza a expoñer moi nova, en 1994, en Mugardos, A Coruña, e faino máis tarde por toda Galicia, en Barcelona e Granada. A súa vocación investigadora lévalle a redacta-la súa tese doutoral na especialidade de pintura.
Un mundo de suxestións, de raíz onírica ou evocativa, invade a pintura de Paula Aneiros, informalista e lírica, en gamas quentes e temperadas, con amplas superficies uniformes nas que inscribe suxestións de relevos ou rugosidades como perdidas, en brancos e rosados, ou lendas case ilexibles, con vocábulos que, máis que referencias, son contribucións a esa sensación de imprecisións deliberadas de fantasía, de afondamento nos recantos da memoria, apenas iluminada pola débil vontade de achados.
Pintura suxestiva, de considerable beleza, que pide contemplación morosa para recrearse no primor da súa execución, con materia mínima, case transparente.
Bibliografía
-VI Bienal de Lalín “Pintor Laxeiro”. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, 2003.