JOSÉ MANUEL BROTO
Broto Gimeno, José Manuel
( Zaragoza, 1949 )
Biografía
Unha das sinaturas de España de grande prestixio internacional.
Comezó a súa formación na "Escuela de Artes y Oficios" da súa cidade natal. No ano 1972 vive en Barcelona, e cos seus colegas Grau, Rubio e Tena forma o grupo "Trama" que edita unha revista co mesmo título, onde amosa as súas teorías estéticas, presentada en 1976 por Antoni Tàpies, o que constituíu unha saída para os novos creadores.
Broto aproxímase ós postulados estéticos do grupo francés "Support- Surface", que constituen unha evolución desde a neo abstracción na que estaba traballando.
No 1985 vive en París onde deixa o minimalismo que cultivou ata entón, intensificando o cromatismo da súa paleta, sempre desde unha abstracción informalista, de caprichoso grafismo, con mancha ampla e deliberadas escorreduras, que dan peculiaridade ós seus lenzos, de grande tamaño.
Expuso nas principais cidades do mundo, a partir do éxito da súa mostra na galería Maegth de Barcelona, en 1981. Broto tomou moitas tendencias, desde a evanescencia de Turner ata modos goyescos, para chegar a unha pintura de raíz intelectual, reflexiva e moi calculada mais espontánea, na que hai reminiscencias do cubismo analítico.
A postrema etapa está cerca da abstracción lírica, con vagas referencias figurativas, en azuis sobre gris ou en amarelos e vermellos sobre negros. A pincelada é ampla, desigual, con insistencias como dúbidas aparentes, aínda que ó fin o resultado é de grande economía deliberada.
Está representado no Museo Nacional Reina Sofía e nos de toda España e América, especialmente en América acadou moito prestixio.
Coa bandeira senlleira de Tàpies, Broto forma na avanzada elixida parte do grupo no que se atopan Sicilia, Barceló, Gordillo e poucos máis.
Bibliografía
BONET, J. M.: Broto en su espacio, Ayuntamiento de Zaragoza, Zaragoza, 1987.
BROTO, MNCARS, Madrid, 1996.
JOSÉ Manuel Broto. Silos, Cámara Oficial de Comercio e Industria de Burgos y MNCARS, Madrid, 2001.
JOSÉ Manuel Broto. Grandes partituras, Institut d'Estudis Baleàrics, Palma de Mallorca, 2013.