KAKO CASTRO MUÑIZ
Castro-Muñiz, José Antonio
( Ponteceso, A Coruña, 1959 )
Biografía
Cursou a carreira de Belas Artes na Facultade de San Fernando de Madrid, entre 1985 e 1991, doutorándose posteriormente na de Pontevedra. Estudiou técnicas de gravado en Berkeley, California, litografía na Universidade Menéndez Pelayo de Santander e fotografía no centro de Estudios da Imaxe de Madrid. Foi bolseiro da Xunta de Galicia pola Deputación da Coruña e outras institucións. Exerce a crítica de arte no diario EL Ideal Gallego, da cidade herculina. Participou en numerosos concursos, nos que acadou premios coma o de Certame Nacional de Pintura do Concello de Madrid, en 1989; na Bienal Internacional As Balconadas de Betanzos, en 1992, e no Certame Nacional de Pintura Ademar Champagnat, en Vigo, en 1995. Desde a súa estancia en Madrid, como estudiante de Belas Artes, participou nas exposicións colectivas que espallou a cidades de Galicia, tanto en pintura como en gravado, modalidade na que exhibiu os seus traballos en Nova York, California e outras grandes cidades de Estados Unidos. Está representado en coleccións institucionais de Galicia, Norteamérica e Madrid. Pintor conceptual, de considerable reflexión, posúe grandes doses abstractivas, así como un excelente oficio que lle permiten, aínda que non sexa esa a súa principal preocupación, unha obra ben feita, cunha calidade apreciable.
Bibliografía
Obra
-
Descubrimiento de los nuevos fractales 1993
-
Nós conservamos a naturaleza II 1996
-
Forma orgánica con signo 1993
-
Nós conservamos a naturaleza III 1996