MARÍE CHENUT
Chenut Harden, Maríe
( París, Francia, 1976 )
Biografía
Tras formarse en arquitectura e deseño en Nova York e Florencia, María Chenut graduaríase en Belas Artes en Nova York para durante moitos anos vivir en Europa desenvolvendo unha carreira artística multidisciplinaria na que empregaría diversas técnicas como a fotografía, a colaxe, a performance, a escultura ou a pintura, utilizando os máis variados obxectos. Así mesmo, compaxinou a súa faceta de creadora plástica coa elaboración de escenografías e deseño de vestiario para ballet e teatro, así como maquetas para arquitectura. Actualmente, continúa coa súa carreira en California combinando o deseño de moda e complemento, as clases de costura, coa realización de instalacións e intervencións, así como a pintura e a escultura.
Afundación conserva tres obras desta artista, datadas a finais da década dos 90 e comezos dos anos 2000. Dúas delas pertencen á serie Muros, na que Chenut capta coa súa cámara fotográfica os efectos do paso do tempo sobre a policromía desgastada de diversas paredes. Selecciona un fragmento das descascas e convértea nunha composición abstracta onde as diferentes texturas e a variada policromía podería evocar unha paisaxe inventada, invitando o espectador a reflexionar sobre o cotián e sobre detalles que pasan desapercibidos.
Pola súa parte, en Árbore chorona aposta polo esquematismo para recrear nunha escultura unha árbore mediante un fráxil tronco de xeso da que penden na parte superior delgadas pólas de vimbio. Recorda así o inverno e a caducidade das follas e incide máis na idea de fraxilidade e debilidade, que tamén podería ter unha reivindicación sobre a concienciación ecolóxica.
Bibliografía
Dossier Obra Mixta. Cuaderno personal. Boqueixón, 2006.