• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

CARMEN DOMÍNGUEZ

Domínguez Vaz, Carmen

( Pontevedra, 1951 - Madrid, 6 de abril de 2021 )

Biografía

A súa primeira aparición como artista data dunha mostra colectiva na súa cidade natal, en 1983, ano en que gaña premios en certames de pintura relixiosa e de casinos de España. Participa ó ano seguinte na Bienal de Pontevedra e a súa obra comeza a percorrer España e cruza o Atlántico, ata Arxentina, onde queda representada na mansión presidencial do país e se exhibe na galería Seoane de Bos Aires. En 1989 foi seleccionada na I Mostra Unión FENOSA. Expón na Coruña e é elixida para a representación galega do quinto Centenario de América, en Sevilla. Unha mostra notable entre as súas foi a que realizou na Casa de Galicia, en Madrid, en 1995. Sucesivamente fíxoo noutras cidades de España, tanto peninsular como insular. Está representada nos museos de Pontevedra, Granada e Montevideo e en coleccións institucionais de España e Sudamérica. Carmen Domínguez evolucionou desde un realismo relativamente libre ata a abstracción xeométrica de vaga ascendencia cubista, máis implícita en dinamismos posteriores, que emparentan a súa obra coa de Delaunay e a gran pintura rusa da diáspora trala revolución de 1917. Dunha mancha agrumada en paisaxes abstractivas, chegou a insinuacións compositivas nas que importaba o ritmo das liñas. Tanxencia igualmente o chamado expresionismo abstracto e a estética do grupo El Paso, e por fin atopa o seu mundo propio, de considerable simplicidade e próximo ó constructivismo. As vagas referencias rixidízanse, mineralízanse. A técnica do collage intégrase nas súas composicóns barroquizantes, a un tempo centrífugas e centrípetas, con polígonos de tonalidades contrastantes que se aproximan, amontoan e superpoñen. A simplicidade de Malevich, as irisacións de Vasarely, o grafismo Zen, todo se incorpora a esta pintura meditada, intelectural, de cromatismo intenso e ata explosivo ás veces, que tamén recorda a Severini e a Duchamp. En definitiva, Carmen Domínguez, que viu e reflexionou moita pintura, alcanza a súa personalidade diferenciada desde tan variadas referencias, que constitúen para ela un reto do que sabe saír airosa. Esa dinamicidade ondulante e como expansiva semella a visión de imaxes fugaces nun caleidoscopio de formulacións multicores e constantemente cambiantes.

Bibliografía

I MOSTRA Unión Fenosa, MACUF, A Coruña, 1989.

BONET CORREA, J. M.: "Carmen Domínguez o la pasión por la pintura”, no catálogo da exposición Un mundo sin acabar, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995.

VV.AA.: Carmen Domínguez, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1990.

Obra

  • Allí donde la memoria queda

    Allí donde la memoria queda 1995

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78