EUGENIO GRANELL
Fernández Granell, Eugenio
( A Coruña, 28 de noviembre de 1912 - Madrid, 24 de octubre de 2001 )
Biografía
Granell estuda bacharelato e música en Santiago de Compostela. Foi bolseiro da Deputación da Coruña e viaxa a Madrid en 1928 para estudar violín na Escola Superior de Música. En 1930 ingresa na Oposición de Esquerda, afiliase ao POUM en 1935. Participa en diferentes faladoiros e descobre o surrealismo a través da revista Minotaure. Na Guerra Civil dirixe o xornal El Combatiente Rojo. Inicia o exilio en Francia onde coñece a súa compañeira Amparo Segarra, coa que se traslada á República Dominicana. Desta etapa conservamos un caderno autobiográfico (1938-1940) onde asoman elementos surrealistas e a influencia de Picasso.
En 1941 entrevista a Breton para o xornal La Nación. A mediados dos corenta expón na República Dominicana, en Guatemala e en Puerto Rico.
Tras establecerse en Guatemala traballa como profesor na Escola de Artes Plásticas. En 1947 participa na mostra Le Surrealisme en París, promovida por Breton e Duchamp. Trasládase a Puerto Rico onde ocupa a cátedra de Historia del Arte na Facultade de Humanidades. En 1950 participa no Almanach Surréaliste du Demi-Siècle, dirixido por Breton. Crea O Miradoiro Azul e en 1951 publica Illa cofre mítico. Coñece a Duchamp nunha viaxe a Nova York.
A xeografía determina o seu estilo cunha linguaxe de referencia a elementos do Caribe. O universo vexetal e animal metamorfoséanse. Destacan temas como Cabezas de indios (1944-1946), Encontros (1946-1948), Os Trópicos (1947–1952) ou Metamorfoses vexetais (1952-1955).
A finais dos cincuenta instálase en Nova York e ocupa unha cátedra de literatura española no Brooklyn Collage.
Desta etapa son as obras Piano de 1956 e A presenza do outono en América do Sur de 1957. Momento de transición ás paisaxes máxicas e á abstracción. A imaxe xorde de pinceladas en forma de escamas, como en Toureiro con figuras ou Touro e Toureiro de 1960.
En 1969 viaxa a España e inicia unha volta á figuración (1968-1972). Entre 1972-1976 xorden as Figuras Barrocas, horror vacui, referencias ao cómic e á ilustración. Establece diálogos entre os personaxes como en Contrabandistas pasando a fronteira de 1973, A inauguración do volcán ou Encontro do Marqués de Santillana coa montañesa, ambos de 1976.
En debuxo xorden seres illados ou pequenos grupos e individualiza a figura a través da cor como en Arlequín de 1972. Entre 1977 e 1989 apréciase un aplanamento en obras como O recuncho dos silencios de 1983 e Días de nubes ou Galos, ambos de 1985.
Volve a España en 1985. Entre 1988-1999 produce a súa etapa de maior automatismo e indefinición da figura. Destaca a simplicidade do trazado como vemos en Festa para o cabalo que regresa ou Floreiro medieval, entre outras.
Eduardo López Valiña
Bibliografía
2012 centenario Eugenio Granell, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 2012.
DIARIO dun soño encontrado. Eugenio Granell, Fundación Eugenio Granell, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Deputación de Ourense, Ourense, 2014.
COLECCIÓN Eugenio Granell, Consorcio de Santiago, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 1995.
E. GRANELL, Concello de A Coruña, A Coruña, 1987.
EUGENIO F. Granell, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1987.
EUGENIO Granell, Deputación da Coruña, A Coruña, 1994.
EUGENIO Granell y Esteban Vicente: construcciones y toys, Museo de Arte Contemporánea Esteban Vicente, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 2017.
EUGENIO Granell. Regreso de un surrealista exiliado, Consorcio de Santiago, Alvarellos Editora, Santiago de Compostela, 2020.
LOS GRANELL de André Bretón. Sueños de una amistad, Museo de Pontevedra, Pontevedra, 2009.
CORRESPONDENCIA con sus camaradas del P.O.U.M. (1936-1999). Eugenio Granell, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela, 2009.
Obra
-
LA INAUGURACIÓN DEL VOLCÁN 1976
-
CONTRABANDISTAS PASANDO LA FRONTERA 0
-
Torero con figuras 1960
-
LOS ASTRÓNOMOS 1995