LUIS FRANÇA MACHADO
França Machado, Luis
( Ponta Delgada, Islas Azores, Portugal, 1953 )
Biografía
Cursou a carreira de Belas Artes na Escola Superior de Lisboa, na que se titulou na especialidade de Pintura en 1978. Dende os seus inicios na década dos setenta, alternou o traballo no estudo con actividades pedagóxicas no ensino oficial. Posteriormente, entre 1982 e 1992, colaborou con Arco.
Comezou a expoñer, colectiva e individualmente, en 1973, en galerías e certames de Portugal e de España. Reiteradamente fíxoo na prestixiosa Galería Altamira, de Lisboa. Participou varias veces no Forum de Arte Contemporánea e a súa obra chegou a Xapón, onde foi exposta no Museo Saitama, e a Milán.
Está representado no Museo Carlos Machado, Nordés, Angra do Heroísmo, Baleeiros, e en coleccións institucionais portuguesas, tanto do continente coma das Azores.
A pintura de Luis França é por completo informalista, xestual, de ampla mancha e de intención lírica. Ás veces, insinúanse referencias, que acaban por ser meras formas, volumes, manchas en espazos indeterminables dos que se fai dona a paleta, en rosas, carmíns e amarelos atenuados, conseguindo gamas de considerable beleza. Formas silueteadas e diluídas suxiren anécdotas que non se precisan. Adoita compoñer trípticos que en realidade son un cadro de grandes dimensións, no que as divisións contribúen a esa sensación muralista que á fin ten a pintura deste moi interesante artista lusitano.
Bibliografía
VV.AA.: Catálogos.
Lisboa. Galería Altamira, 1989 y ss.