XULIO GARCÍA RIVAS
García Rivas, Xulio
( Borraxeiros, Agolada, Pontevedra, 20 de septiembre de 1947 )
Biografía
A súa formación artística empeza na Escola de Artes Aplicadas da Coruña,na especialidade de deseño, a primeiros da década dos setenta. En 1977 trasládase a Barcelona, para cursa-la carreira superior de Belas Artes na Facultade de San Xurxo, que conclúe en 1982. Posteriormente, exercerá como profesor de debuxo no instituto de Tui, onde reside. A súa primeira mostra individual realizouna en 1977, en Vigo. Despois percorre Galicia e salta a Venezuela, onde expuxo en 1980. Participou nos últimos ciclos de plástica galega de Caixavigo, en 1980, en varias edicións da Bienal de Pontevedra e noutras mostras colectivas que se realizaron en Galicia. Non se desvencellou da súa bisbarra natal xa que acode ás exposicóns que se realizan na zona do Deza; en concreto, a denominada Sete Artistas, que se levou adiante baixo os auspicios da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en 1994. A pintura de García Rivas é totalmente abstractiva e deliberadamente monocorde. Insinúa moi vagas figuracións arquitectónicas nun eido impreciso, en grises, ditos nunhas manchas amplas e unha materia moi delgada, a modo de suxerencias de paisaxe, aínda qu a súa sexa unha pintura por completo conceptual e intimista. Dentro dun espacio pechado hai obxectos inscritos, xeometrías sen concretar, volumes que non se chegan a precisar. É a plástica do silencio, das gammas axordadas nas que aparece, tenue, un rosa suave, que é a única nota quente neste mundo oclusivo, case carecente de luz.
Bibliografía
PABLOS, F.: Plástica gallega, Caixavigo, Vigo, 1981.
TOBA BARRIENTOS, M.: Sete Artistas, Deza, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1994.