MANUEL LÓPEZ GARABAL
López Garabal, Manuel
( Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1907 - 9 de septiembre de 1981 )
Biografía
A súa vida transcorre case integramente na súa ciudade natal, onde gozou de considerable prestixio como profesor de debuxo e pintura, artista de cabalete e, sobre todo, como retratista, correcto, de modos tradicionais. López Garabal vinculouse á corrente realista que impera na primeira metade da vixésima centuria. Debuxante correcto, a súa paleta é viva, quente, a súa mancha ampla, mesmo abundante moitas veces. Acusa, sobre todo, nos seus bodegóns e paisaxes, certos modos impresionistas, aínda que ó fin se impón a referencia absoluta do que desexa representar nas súas teas. Así, resulta inevitable que acuse certo folclorismo tan de moda no seu tempo, se ben López Garabal o dignifica sempre cun excelente oficio, honrado e cabal de pintor, sen máis preocupacións cá obra ben feita, perdurable, sen adscrición a modas. Realizou numerosas exposicións en Compostela e mais noutras cidades de Galicia, e tamén participou en colectivas notables de arte galega. Non contou con demasiada fortuna entre os críticos, se ben non se lle regatearon eloxios ocasionais de prensa con motivo das súas mostras. Algunhas das súas mellores obras, como "Embaucadora", figura de anciá botadora de cartas, de dignidade comparable á obra de Sotomayor, figuraron nas mostras antolóxicas que Caixavigo celebrou con motivo do seu centenario, en 1980. Está representado en museos e coleccións institucionais de Galicia e mais en moitas particulares, con retratos e bodegóns, sobre todo en Santiago de Compostela.
Bibliografía
-Pablos, Francisco: Plástica gallega. Vigo, Caixavigo, 1981.