• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

MAMPASO

Mampaso Bueno, Manuel

( A Coruña, 1924 - Madrid, 7 de junio de 2001 )

Biografía

Trasládase en 1930, con tan só seis anos, a Madrid. Comeza a debuxar e pintar nos anos de contendas; experiencias que marcarán a súa vida. Cursa a licenciatura de Belas Artes na Escola de San Fernando; unha das etapas que lembrará con máis agarimo. Colabora, nestes anos corenta, con diferentes revistas universitarias e comeza a realizar carteis, figurines e escenografías para o Teatro Español Universitario. En 1949, tras a súa primeira experiencia expositiva na Galería Proel de Santander, márchase case un ano a París co diñeiro aforrado de diversos traballos (principalmente murais) e é no epicentro da arte do momento onde descobre o informalismo. Participa con éxito na I Bienal Hispanoamericana con, entre outras, a tan comentada obra Verdes e redes, así como no esixente Salón dos Once. Realiza a súa primeira mostra individual na Galería Biosca de Madrid en 1952. Un ano máis tarde é seleccionado para representar a España na Bienal de Sao Paulo e, en 1954 e 1959 respectivamente, na Bienal de Venecia. Como consecuencia da situación económica trasládase a Buenos Aires coa súa muller a escultora arxentina Noemí Martinez Díaz durante dous anos. É alí onde descobre o acrílico que resultará un material fundamental na súa obra. En 1958 é nomeado director artístico do Pavillón Español de Bruxelas e en 1964 repite experiencia co de Nova York. A súa obra figura nos máis destacados museos e institucións a nivel mundial, así como en relevantes coleccións particulares. Á marxe do seu traballo pictórico, conta cunha destacada traxectoria como ilustrador de xornais, sobresae a súa dilatada colaboración en ABC con retratos a pluma de personalidades de diferentes ámbitos, ademais dunha carreira no teatro, que inicia en 1954 coa mordaza de Alfonso Sastre, con máis dun centenar de traballos como figurinista e escenógrafo de renombrados montaxes da escena nacional; tarefa que ve recoñecida co Premio Nacional de Teatro en 1972.   
A súa linguaxe pictórica vai estar en continua mutación como se aprecia nas cinco obras que forman parte da Colección Afundación. O seu desenvolvemento en canto a definición artística consolídase na pioneira Verdes y redes (1950), unha síntese da natureza ─temática recorrente─ que abre o camiño dunha abstracción e supón un impacto fronte ao realismo imperante. Ata 1954, na súa abstracción conviven a gestualidad, a realidade e a xeometría, pero a partir dese ano, e ao longo dos cincuenta, vai aproximarse ao constructivismo. A finais dos cincuenta, opta por unha abstracción gestual a través de pinceladas, fundamentalmente bicolores, que o vinculan ao action painting; Ocre y Gris (1960), Composición (1960) e Rojo y Negro (1961) enmárcanse dentro desta etapa caracterizada por unha pincelada ampla e firme, e a cor como protagonista; onde o negro é a súa cor predilecta. A finais dos sesenta, tras un período centrado en cinema e teatro, retorna á pintura figurativa, que el denomina «neofiguración», cunha actitude crítica cara á sociedade do momento. A comezos dos setenta, retoma a abstracción, atopa inspiración na temática da árbore e a súa descomposición esquemática; en Paisaje (1974) reproduce unha imaxe da súa memoria sentimental a través de xestos e a súa pincelada ampla. Impresionado por unha viaxe a Córdoba, realiza a serie «neomudéjar» (1976 – 1980), inspirada na oportunidades dos azulexos, na súa inesgotable xeometría e a mestura de cores. Desde os anos oitenta, vincúlase a patróns figurativos, coa súa linguaxe expresionista, como se pode apreciar en Retrato de Miró.       

Bibliografía

MON, F.: Pintura contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, A Coruña, 1987.

PABLOS, F.: A pintura en Galicia. Do XVII ás últimas tendencias, Edicións Nigra Trea, 2003, Vigo, pp. 162-163.

OIZA GALÁN, J.: “Manuel Mampaso”. En VV. AA. Artistas Gallegos pintores. Postguerra: Abstracciones - Figuraciones,  Nova Galicia Edicións, Vigo, 2003, pp. 104-143.

VV. AA.: Catálogo del patrimonio artístico de la Diputación de A Coruña II. Artes Plásticas (1990-2010). Tomo 2, Deputación da Coruña, A Coruña, 2011, pp. 396-398.

VV. AA.: Colección Caixavigo: pintura, escultura, dibujo. Tomo 2, Caixanova, Vigo, 1994, pp. 96-97.

VV. AA.: Galicia Arte. Tomo XVI: Arte Contemporáneo, Hércules de Ediciones, A Coruña, 1999, pp. 97-101.

VV. AA.: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, Vigo, 1981.

Obra

  • Retrato de Miró

    Retrato de Miró 1983

  • Ocre y gris

    Ocre y gris 1960

  • Paisaje

    Paisaje 1974

  • Composición

    Composición 1960

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78