NORBERTO OLMEDO
Olmedo Portela, Norberto
( Pontevedra, 1962 )
Biografía
Seria, profunda, razoada e emocionante, na súa deliberada sobriedade, a pintura deste irredutible vangardista, excelente coñecedor do oficio, que goza investigando materiais, combinándoos.
Formouse na Escola de Artes Aplicadas Massana de Barcelona, na que se titulou no 1986, para especializarse despois en vitral e serigrafía, e en técnicas murais na Colexio Llotça da cidade condal.
Comezou a expoñer, individual e colectivamente, en Barcelona, no 1986, e fíxoo despois en case todas as cidades catalás e galegas, así como en Eivissa, Lorient, Francia, Portugal, e reiteradamente en México.
Foi concedido unha bolsa pola Deputación de Pontevedra tres anos consecutivos, a partir de 1985; recibiu axuda económica da Xunta de Galicia no 1992 e foi seleccionado para as bolsas Banesto, en Madrid. Está representado nas coleccións institucionais da Xunta de Galicia, de Castela-León e noutras salientadas de Galicia.
Na obra de Olmedo imponse a xeometría. Desde ela razoa para as súas composicións, nas que o cromatismo é contrastante, co negro como cor principal. Os seus polígonos, curvas, espirais, se inscriben en fondos moi traballados, areosos. Ás veces insinúase unha paisaxe ideal, indeterminable, ou ben suxere o "collage", sempre desde o informalismo razoado. As súas morfoloxías resultan suxestivos, ricas, con elementos que lembran o vitral ou o gravado. Baséase nunha composición moi equilibrada, de xeito que o resultado é sereno e dinámico a un tempo, con primor na mancha como despreocupada e, sen embargo, tan medida, tan traballada. Polígonos que semellan poliedros danzan en espazos xeométricos distorsionados. Tamén é puramente abstractivo, informalista, para que a obra sexa libre expresión cromática con veladuras, churretones, liñas trementes, cal víscera en estudo micropatológico.
Bibliografía
-Arte galega contemporánea.
Compostela, 1989.
-Guía artística xoven da creación.
Valencia, 1990.
-Calvo Serraller, Francisco:
Enciclopedia do arte español do S XX.
Madrid, 1991.
-Arte contemporáneo en Galicia.
A Coruña, 1999.
-"Elementos".
Santiago de Compostela, 1991.
-Nieves, Juan de:
Texto en catálogo.
Santiago de Compostela,1988.