PAISA GIL
Paisa Gil, Alejandro
( Medina del Campo, Valladolid, 1920 - Pontevedra, 2019 )
Biografía
Aínda que é castelán de nacemento, pode considerarse galego, xa que reside en Pontevedra desde que tiña oito anos. Recibiu clases de debuxo e pintura entre 1930 e 1954. Foi subvencionado pola Deputación pontevedresa para ampliar estudos en Madrid.
A partir dos anos cincuenta, comezou a realizar exposicións persoais, que chegan a medio centenar amplo, en diversas cidades de España. Tamén enviou obra a colectivas de todo o país. Na Bienal de Pontevedra, de 1970, foi galardoado coa medalla de prata.
Está representado nos Museos de Pontevedra e Vigo, así como en institucións públicas de Galicia, Asturias e Castela.
Paisa Gil é, fundamentalmente, un acuarelista. De execución primorosa, a minuciosidade da súa pincelada afástao da facilidade habitual no xénero. Pola contra, as súas paisaxes están construídos con precisión e cun verismo exacto en canto á natureza representada. O seu cromatismo é rico e, con frecuencia, acudiu á mariña, que na súa pintura chega a considerable nivel.
Realista sen concesións, é un artista testemuñal non exento de emoción, preocupado pola obra ben feita, quizais en exceso algunhas veces.