BENITO PRIETO COUSSENT
Prieto Coussent, Benito
( Ribadeo, Lugo, 6 de junio de 1907 - Granada, 3 de febrero de 2001 )
Biografía
Artista nado en Vigo, desde moi cedo manifestou a paixón polo debuxo. Formouse en Madrid, onde foi discípulo do célebre pintor valenciano Joaquín Sorolla, e —segundo sinala Bernardino de Pantorba— concorreu ás Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1904, 1906 e 1908, e en todas elas obtivo mencións de honor. Así mesmo, presentou a súa obra con éxito —as súas paisaxes foron eloxiadas na Exposición de Arte Galega que tivo lugar en 1912 en Madrid. A súa obra exhibiuse en repetidas ocasións en Galicia, Madrid e América do Sur. Entre 1933 e 1936 colabora como debuxante nas publicacións Monos e Vida Gallega; tamén realizou carteis e foi pintor de frescos nos teitos altos do Hotel Moderno de Vigo, cando este foi adquirido por Cesáreo González. Está representado, entre outras, nas coleccións dos museos de Pontevedra e no municipal Quiñones de León de Castrelos (na súa cidade natal), e resulta ineludible en calquera antoloxía de pintura galega posromántica e realista. O certo é que inxustamente caeu un tanto no esquecemento e agora empeza a ser rescatado da sombra por méritos propios.
A súa obra, marcada pola influencia de Sorolla, seguiu modos tradicionais da pintura francesa, en especial de Monet e Sisley e caracterízase polo tratamento da luz e mais da cor, así como pola súa boa factura. Adscrito ao impresionismo —e ás veces próximo ao costumismo imperante na súa época— foi un bo retratista de, entre outros, personaxes políticos e literarios da súa época, cun valor documental ademais de plástico. Ademais destaca na temática da paisaxe. Nos seus lenzos representou recunchos urbanos e marítimos de Galicia, particularmente de Vigo; son célebres as súas vistas do porto pesqueiro vigués do Berbés, que tamén retrataron Maristany e Gil de Vicario.
Na Colección Afundación atopamos un óleo sobre tea de grandes dimensións datado en 1904. Trátase dunha escena de interior na que representa dúas irmás que posan sentadas na sala de estar dunha vivenda que está iluminada por unha fiestra nun dos laterais, ao carón dun moble sobre o que repousa un floreiro con hortensias. As irmás amósanse elegantes e cunha sobria compostura e vestimenta tradicional, aínda que o autor dá signos de atrevemento no xogo da luz, cos efectos das contraluces —unha delas aparece de costas en diagonal ao foco de luz e a outra ensombrecida— que aprendeu do seu mestre Sorolla, e o encadramento da escena. A pincelada é impresionista e o cromatismo dominante é máis ben escuro, cunha luz branca e pura que destaca e entra con forza pola fiestra grande.
Bibliografía
CAMPOY, A. M.: Diccionario crítico del Arte español contemporáneo. Madrid, Ibérico Europea de Edic., 1973.
RISCO, V.: Realismo y goticismo en las imágenes de Cristo crucificado, Grial, Vigo, 1951.
PABLOS, F.: Colección Adriano Marques de Magallanes, Concello de Vigo, Vigo, 1992.
PABLOS, F.: Plástica gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, Vigo.
PANTORBA, B. de: Historia y crítica de las Exposiciones Nacionales de Bellas Artes, Jesús Ramón García Rama Edit., Madrid, 1980.
VV. AA.: Pintores granadinos. Granada ante el 92, Universidad de Granada, Granada, 1992.