SCIAMMARELLA
Sciammarella, Agustín
( Buenos Aires, Argentina, 1965 )
Biografía
Pese á súa xuventude, é un dos caricaturistas políticos de maior resonancia internacional. É, como tantos arxentinos, de familia orixinaria de Italia.
Iniciou os seus estudos artísticos no Instituto Superior de Arte Pablo Pereyra e posteriormente na Escola Nacional de Belas Artes, da capital sudamericana. Publicou os seus traballos nos diarios arxentinos como Buenos Aires Herald e o prestixioso La Prensa, así como na revista Comments. Posteriormente, saltou a Italia, para aparecer con frecuencia en Il Messagero e Il Corriere Adriático. En España, é coñecido polos seus traballos en El País, no semanario El Dinero e en revistas diversas, entre elas El Ciervo e Don Town.
As caricaturas deste agudísimo arxentino foron obxecto de exposicións, e reiterados premios, no seu país e en Bélxica, Bulgaria, Italia, Portugal,
Xapón e España, onde fixou a súa residencia a partir de 1962.
Sciammarella posúe unha visión agudísima e irónica da vida, crítica, pero non acerba, de maneira que nos personaxes que interpreta aparece unha faceta amable e case bondadosa. Barroco acumulativo en aparencia, sintetiza, non obstante, como semella inescusable en quen busca o esencial dun rostro para darnos unha lección de psicoloxía. E os traballos deste artista sono. Digamos que o caricaturizado queda "cravado", pero desde unha imaxe digna de Bruegel.