• Español
Colección de arte
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
  • Colección
  • Artistas
  • Obras
  • Préstamos
  • Tenda
  • Visitas
Inicio Colección Artistas
Ficha de autor

RAÚL VELLOSO

Velloso Lago, Raúl

( Cangas do Morrazo, Pontevedra, 1965 )

Biografía

Testemuña o artista, evidentemente con orgullo, que cando residía en Barcelona e contaba poucos anos, se atopou á porta do Museo Picasso co gran pintor informalista Antoni Tápies, quen o animou a pintar, seguindo a súa vocación moi libre, de autodidacta, interesándose por unha obra incipiente, pero que xa manifestaba personalidade singular.

Comezou a expoñer en Vigo, nun café de encontro de pintores, en 1995. Ese mesmo ano exhibiu a súa obra na Centro Galego de Barcelona, e inmediatamente saltou á prestixiosa galería René Metras da cidade condal. A súa actividade, dende entón, foi constante en Cataluña, Mallorca, Galicia, ata que saltou a Suíza, Portugal e París. A súa última gran exposición, na actual Sede de Afundación en Vigo, no 2004, confirmou a un artista distinto, capaz de unir tradición e vangarda, dentro dunha relativa figuración, considerablemente fantasiada.

Obtivo mencións no Concurso Internacional de Arte Nova da famosa sala Parés de Barcelona e no organizado pola Generalitat de Cataluña. Actualmente a súa obra está expandida por diversas cidades europeas.

O paisaxismo de Raúl Velloso mostra concomitancias coa ilustración. Semella contemplar a realidade como a través dun espello deformante, que expande os volumes, ondula as liñas e caricaturiza a realidade, dotándoa dun encanto inefable.

Influíulle o post-cubismo, o dadá e, acaso, Fernand Léger. A súa execución é primorosa, aínda que pareza descoidada, con modos de bordado de tapiz, en superfices compartimentadas e contrastantes de cor.

Bibliografía

RAÚL VELLOSO, Caixanova, Vigo, 2004.


Obra

  • Central eléctrica del Tambre

    Central eléctrica del Tambre 2007

  • MÚSICOS PIANO ZANFOÑA

    MÚSICOS PIANO ZANFOÑA 2003

  • CENTRO SOCIAL CAIXANOVA

    CENTRO SOCIAL CAIXANOVA 2003

Ver todas as obras
  • Aviso legal
  • Política de cookies
Copyright 2026© Fundación Galicia Obra Social © Das reproducións autorizadas, VEGAP, A Coruña, 2024
  • Colección de Arte Afundación

    Policarpo Sanz, 24-26. 36202 Vigo
    [email protected]
    986 12 00 84 / 986 12 00 78