VÍCTOR CORRAL
Corral Castro, Víctor Raimundo
( Baamonde, Lugo, 14 de septiembre de 1937 - Lugo, 15 de diciembre de 2021 )
Biografía
Víctor Corral nace en Baamonde (Lugo) un 14 de setembro de 1937, coincidindo coa celebración da Virxe do Rosario, advocación profundamente vinculada á súa memoria privado e artística e que o propio escultor representaría posteriormente nunha talla situada xunto á igrexa parroquial da súa vila natal. Procedente dunha familia labrega de once irmáns, a súa infancia desenvólvese entre os traballos do campo e a paisaxe da Terra Chá, nun universo rural que marcaría de xeito decisivo toda a súa produción escultórica. Desde a súa nenez. Víctor Corral mostrou unha inclinación facía a creación artística. Mentres realizaba os seus labores de pastoreo, comezou a esculpir pequenas pezas nos materiais que o campo lle proporcionaba: madeira, pedra, louza…Relevos familiares, cuxas composicións presentan unha lectura íntima e afectiva da paisaxe rural e cotiá.
A súa formación artística iniciase na Escola de Arte e Oficios da Coruña, onde recibe clases do escultor José Juan, mesma cidade onde realizou o servizo militar en 1958. A pesar da súa formación académica, Víctor Corral considerouse sempre un artista autodidacta, construíndo a súa linguaxe escultórica desde a experiencia directa coa materia.
En 1960 emigrou a Barcelona, xunto con varios dos seus irmáns, onde continuou os seus estudos con Montagrut na Escola de Belas Artes, para finalizar traballando nun taller de esculturas, compaxinando a creación artística con outros empregos destacando a hostalería. En 1966 realizou a súa primeira exposición individual na Sala Jaime, integrada por vinte e seis obras, permitindo iniciar unha traxectoria expositiva individual e colectiva, tanto nacional como internacional. Na década dos setenta emigra a Xenebra, cidade onde tamén expuxo a súa obra. Tras pasar por Madrid, decide regresar á súa terra natal, onde inicia en Baamonde un proxecto de Casa-Museo.
A obra de Víctor Corral foi frecuentemente definida como realista, aínda que o escultor sempre insistiu en que a procura artística transcendía da simple representación formal. Nas súas esculturas, especialmente no tratamento da figura humana, pretende captar unha dimensión espiritual do carácter intimista, non reducilas aos trazos físicos, creando unha tensión entre a materia e os afectos. A súa produción escultórica é moi ampla e diversa, realizada en materiais como madeira, mármore, bronce, barro ou marfil. Isto permitiulle chegar a unha madurez onde se desenvolven obras de dimensións simbólicas, onde a figura humana mestúrase coa natureza. A figura feminina: digna, humilde e amorosa, ocupa un lugar central na súa iconografía, converténdoa na alegoría da terra e forza vital.
Bibliografía
CORRAL CASTRO, V.: Victor Corral Castro, Imprenta Guitiriz, A Coruña, 1999.
CORRAL, V.; CORRAL, E.: XIZ, X.: Víctor e Eva Corral: Formas e cores, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2004.
CORRAL, V.: Os canteiros: Actas dás xornadas celebradas en Parga, Brigadas en Defensa do Património Chairego, Lugo, 2000.