Comentarios
Sobre un fondo azul destacan 12 óvalos brancos que encerran perfís esquemáticos de faces en serie xogando cos conceptos de fragmentación e multiplicación. Cada unha das formas leva implícito o principio dun movemento semellante ó das imaxes impresas nun anaco de celuloide onde todo se repite e nada é igual. A forma ovalada, a seriación das figuras e o propio título da serie "Autorretratos" son os elementos que sostén o discurso conceptual que presenta a obra, executada con pintura plana.