Comentarios
Dous grandes bolques de materia emerxen como magmas consolidados encol dunha superficie do cadro ó que desbordan sobresaíndo en relevo. O fondo cóbrese con resinas transparentes que se amorean e forman grumos, provocando un achegamento táctil da obra. O artista, nunha gabanza de potencia, dálle relevancia á corporeidade física do cadro cun exuberante tratamento da materia que case adquire autonomía. O seu discurso de díficil entrada require unha contemplación repousada e continúa para que poidamos comprende-las suxerencias que encerra.