Comentarios
Rompe co marco tradicional da pintura, alterando a súa forma con asimetrías e inestabilidades. Unha serie de pequenas pantallas bordean a superficie central, ofrecendo a ampliación de distintas texturas relacionadas coa materia do cadro. Realza a calidade material da pintura con grumos, rugosidades e cráteres que conviven con acenos e pegadas, testemuños de múltiples vivencias, convertendo o cadro nun receptáculo de misterios onde o pintor expón o universo que hai nel.