Comentarios
Un acuario cun peixe, e un xarrón cunha planta son as siluetas dominantes que dan significado á composición. Os obxectos ordénanse sobre o taboleiro dunha mesa vista desde un punto elevado que a distorsiona erguéndoa cara ó fondo entre luces de efecto evanescente, flotante, musical. A pintura mantén unha frescura substancial e sobria que harmoniza trazos espontáneos con veladuras e toques de exquisita beleza en harmonía de ocres, brancos, marróns, avermellados e azuis.
Exposiciones
«G.Lagares», do 5 ó 29 de setembro de 1994 na Casa de Galicia», Madrid.