Comentarios
Aínda que tivesemos prescindido do título identificaremos esta típica vista da cidade de Toledo coas casas escalonadas nunha colina á beira do Taxo. A referencia naturalista sintetízase en planos de cores que se arrastran en pinceladas anchas e longas de suave materia, relacionando os tons entre si, cun entramado de raigame cubista. Os planos das casas mestúranse constituíndo un conxunto urbano, con carácter de fragmento, que destaca sobre o fondo ó que o artista lle dá un tratamento diferente. Brancos, ocres, verdosos e negros compoñen a gamma cromática do cadro.
Bibliografía
Luis Mª Caruncho. "G. Lagares", pintura de 1984 a 1994". Catálogo da exposición. F. Pablos "Tradición e vangarda" no catálogo da exposición "Entre a tradición e a modernidade"
Exposiciones
"G. Lagares, do 5 ó 29 de setembro na Casa de Galicia, Madrid 1994. "Entre a tradición e a modernidade" no Centro Cultural Caixavigo, outubro, 1996.
Reproducciones
"G. Lagares", catálogo da exposición, Poio 1994. "Entre a tradición e a modernidade" catálogo da exposición
co nº 57.