Comentarios
Sobre un fondo atmosférico de profundo baleiro, plasma unha sutil grafía de liñas que son coma esteiras do voo dun cometa. O tema céntrase nunha zona determinada do cadro xogando con formas-cor, manchas e signos cinéticos que flotan destacando sobre o fondo, entre luces rosas, cunha substantividade suxeridora de dinamismo e luminosidade. Na materia, moi coidada, ocres e grises actívanse con negros, vermellos, verdes e marelos.