Vista de París

- INV:
- 1022
- Año de creación:
- 1929
- Dimensiones:
- 37 x 45 x 0
- Técnica:
- Óleo/Táboa
Comentarios
Cunha perspectiva alta e ampla pinta unha paisaxe de París, visto desde unha ventá. Sobre o tellados, que ocupan a parte baixa da composición, destaca a torre Eiffel, como eixo totémico da cidade. As chemineas e mailas casas constitúen as abscisas e ordenadas que sosteñen o cadro, elaborado con pinceladas compactas que se adaptan ós contornos das formas, difuminadas cara ó fondo por unha luz aneboada. A cor branca dunha medianeira contrasta cos marróns e coa suave entoación de azuis e grises que domina na composición.
Exposiciones
«Virxilio Blanco», antolóxica, agosto-setembro no Edificio Sarmiento, na 23 Bienal de Arte de Pontevedra.
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.
"A Galicia Moderna".Centro Galego de Arte Contemporánea. Santiago de Compostela. Do 17 de decembro de 2004 a marzo de 2005.
Exposición "Espazo Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
«Virxilio Blanco», Catálogo da antolóxica, páx. 63.
"Do Romanticismo ós anos vinte", catálogo da exposición, reproducido co nº 38.
"Colección Caixavigo. Pintura-Escultura-Dibujo". Tomo 3, páxina 362.