Comentarios
No medio da rúa, un home de pé, ao lado dun gato, fai un xesto de espanto, mirando ao espectador dende o primeiro término. No alto, sobre as casas, voa un avión. Emprega a técnica do collage, recortando as formas en papel que pinta con luminosas pinceladas. O seu discurso creativo baséase nunha linguaxe singular e directa, de estructuración primaria tanto nas formas coma no espacio. Constrúe a escena coma se se tratase da viñeta dun cómic, coa espontaneidade dun bosquexo, unindo á plasticidade o significado conceptual do representado. Unha chuvia de pinceladas, nesgadas, características, intensifica o efecto visual da escena.