Comentarios
O artista crea un territorio incerto, un lugar imaxinario, completamente privado, no que xogan masas de cor, salpicaduras, chorreos e retículas. Sobre este fondo abstracto superponse a figura dun indíxena facendo frente a unha serie de feras, e, na parte superior o título da obra, escrito ó revés, con números de ordenador. A escena, que transmite a sensación de perigo, non é máis ca unha choscadela ó espectador que da pé a metáforas e reflexións sobre a condición humana. A pintura con algo entre pop e surreal conxuga a abstracción coa superposición de imaxes que xa emplearan Picabia e Shnabel.
Bibliografía
Fernando Francés "Xesús Vázquez, Batallas" catálogo da exposición
Exposiciones
"Xesús Vázquez, Batallas" do 16 de novembro ó 16 de decembro de 1993 na sala de cultura Carlos III Universidade Pública de Navarra.
Reproducciones
"Xesús Vázquez, Batallas" catálogo da exposición, p. 16