Comentarios
É unha estampa da Porta do Sol de Toledo vista cun esfoque descentrado que deixa ver, ó fondo, unha panorámica da cidade amurallada, bordeada polo río Taxo. Realza o monumento gótico-mudéxar que, construído independientemente da muralla, aparece coma un arco de triunfo poronde transitan pequenas figuras e xinetes que dan vida á arquitectura poñendo unha nota costumista na paisaxe. Con grande dominio do debuxo describe a escena sintetizando os adornos arquitectónicos e xogando con luces queenchen de fantasía romántica a composición. Toledo é a cidade á que o pintor lle dedicou máis debuxos na «España Artística e Monumental», editada pola casa Hauser en tres tomos en 1842.
Bibliografía
F. Pablos "Do Romanticismo ós anos vinte" Catálogo da
Exposición, reproducido co nº2.
Exposiciones
"Do Romanticismo ós anos vinte" maio-xuño 1996, Centro Cultural Caixavigo.