Comentarios
Palmeiro, destacada figura do grupo de pintores españois que traballaron en París, propón un espacio organizado coa auga no centro do cadro, as beiras do río nos bordos laterais e una montaña ó fondo. Casa, barcos e montaña actúan como áncoras nun espacio dinámico e fluído. O motivo é só o punto de partida desde o que constrúe o cadro, que se converte nunha superficie transparente activada con cores que vibran coa luz, sen chegaren a perde-lo equilibrio entre a realidade, a impresión que o artista recibe dela e mailo aspecto que lle quere dar. A tensión entre os trazos que anotan o motivo e as cores é de grande intensidade, que consegue con oficio rigoroso e unha fermosa materia de cores azuis, verdes, morados e rosas con toques amarelos.