Comentarios
Perspectiva dun camiño, ó bordo da praia, demarcado por árbores e postes, que nos conducen cara ó fondo cerrado por unha arboreda, casas, e, estreito ceo. Os protagonistas son dúas nenas e un can, conversando diante dun charco que reflecte as súas imaxes na auga. Manchas e espontáneas pinceladas captan os reflexos da luz e a transparencia da auga sen descompoñe-las formas, conseguindo unha obra fresca cun aire suxerente de obra inacabada.
Exposiciones
"Antonio Heredero". Antolóxica do 15 de marzo ao 19 de maio 1996. Casa das Artes, Vigo.