Comentarios
É un debuxo sinxelo, cheo de lirismo, adecuado ó tema do libro «Renacimiento», que ilustra con este debuxo. Organiza a superficie pictórica cunha personaxe en primeiro termo, de fronte, que mira ó espectador volvendo as costas a dous grupos que falan detrás del.
As figuras, vestidas á moda da época, con calzas longas axustadas ó corpo, xibón, túnica curta, cinguida cun cinto, e gorro na cabeza, adoptan distintas posturas que dan movemento e crean ambiente. Unha cor amarelada domina a escena deseñada con debuxo esquemático subliñado con trazos negros.
Bibliografía
«El Renacimiento», Ed. Poseidón 1945, reproduce a obra na páx. 43.