Holyrood XXIII

- INV:
- 1092
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 42 x 200 x 0
- Técnica:
- Óleo/tea sobre táboa
Comentarios
Un personaxe, de medio corpo, cunha bicicleta pendurada do ombreiro, mira cara ó interior do cadro que ofrece unha panorámica do parque e palacio de Holyrood, enfocado co encadre característico dun cartel de publicidade turística. Con medios limpos, dunha maneira exacta, reproduce o que percibe cos ollos dende a fiestra da súa casa de Edimburgo. A composición, nítida, articulada con cores brillantes, capta algo máis có que se ve a simple vista; o seu contido é diferente para cada persoa. Da súa contemplación xorde a admiración ante a paisaxe, a beleza da natureza ou a angueira romántica de fundirse con ela. O realismo da representación únese o efecto virtual da imaxe que en inmediata proximidade co espectador semella ter tres dimensións. A obra pertence a unha serie de trinta cadros, todos coas mesmas dimensións, baseados na impresionante paisaxe que o pintor descobre dende o 2º piso do nº 24 da Regent Terrace de Edimburgo en xaneiro de 1977.Exposiciones
"Holyrood", do 7 de outubro ó 15 de decembro de 1993, no Pavillón Florida, Concello de Madrid.
Do 18 ao 29 de xaneiro de 1996, en Vigo, Confederación de Empresarios de Pontevedra.
"75 años de arte y deporte en Galicia". Casa das Artes, Vigo. Deo 9 de xuñoo ao 20 de agosto de 1998.
"Colección Caixanova. Pinceladas Galegas" Círculo de las Artes. Lugo. Do 25 de abril ao 23 de maio de 2008