Comentarios
Perspectiva dunha rúa que descende desde o primeiro termo ata o fondo pechado por un outeiro e un anaco de ceo. O artista reproduce a realidade dando testemuño dun lugar que coñece. Recréase no descascado das paredes, os rastros do tempo sobre as casas e os sucos que marcan no aire os cables telefónicos. Non pretende resconstruí-la realidade senón que a utiliza para facernos sentir e ver más alá da superficie pictórica que temos diante.