Comentarios
Unha arquitectura cunha porta aberta é a armazón da obra pintada con brancos e negros que, por si sós, lle dan un ton transcendente ó cadro. Non se trata dunha representación, senón dunha presencia que suxire o que evoca cun mecanismo plástico que nos obriga a contempla-la pintura cunha mentalidade máis profunda cá dicotomía abstracción-figuración. A porta ten sempre a capacidade de invoca-la dualidade entre mundo interior e exterior, ou a posibilidade de acceder ó oculto, de saír ó vacío.
Exposiciones
Do 6 ó 20 de abril de 1996, en Tui, organizada pola Asociación de Amigos da Catedral.