OBJECTES

- INV:
- 1129
- Año de creación:
- 1980
- Dimensiones:
- 56 x 76 x 0
- Técnica:
- Augaforte, carborundo, serigrafia, relevo, pintura
Comentarios
A obra gráfica de Tápies é unha das súas facetas máis creativas. Gústalle usar tódalas técnicas e icluso mesturalas na mesma obra. A súa preocupación pola realidade lévao a presenta-los obxectos tal como son e por extensión darlles un carácter de baixorrelevo ás súas obras e introducir elementos reais como cordas, teas, cartón s etc. A principios dos anos sesenta acentúase o carácter obxectual dos seus cadros, como algo que forma parte da súa poética persoal, igual que a presencia de signos. Caracteres tipográficos ou elementos relacionados coa escritura, números, cruces, garabatos, oitos, lazos ou signos do infinito, son frecuentes nos seus cadros. Pero é a cruz un dos símbolos que máis lle gustan, tanto que declara que case a ten adoptado como unha especie de logotipo. En cada unha das súas obras Tapies crea un ambiente especial que as une a todas, é o elemento meditativo que nos obriga a pensar.
Bibliografía
"De Picasso a Barceló", catálogo da exposición do mesmo título, coa obrareproducida, Caixavigo, 1996.