COMPOSICIÓN

- INV:
- 1131
- Año de creación:
- 1992
- Dimensiones:
- 76 x 50 x 0
- Técnica:
- Litografía e colaxe
Comentarios
A obra pertence á serie de colaxes e gravitacións (papeis suspendidos por cordas) que fixo en distintos momentos da súa actividade artística. A súa importancia como gravador é comparable á de escultor. Neste gravado formas estructuradas con tinta negra semellan suspendidas do bordo superior do cadro. Dúas puntadas de fío cosen á base o papel recortado, mostrándose, en conxunto, como superficies articuladas no espacio, semellantes a unha escultura. Desde principios dos anos 60 comezou Chillida a adentrarse na colaxe con papeis de estraza marróns ou grises. Deste gusto deriva a utilización do papel escuro no gravado.