Comentarios
Unha figura de muller, de pé, dobrada cara adiante, cos pés cubertos pola auga do mar, destaca en primeiro término, entre rochas, sobre un fondo de horizonte alto co sol no ocaso. O debuxo, sintético, con trazos brancos, sobresae encol do papel negro, con suaves resplandores de luces, cun efecto de escena entrevista, a penas albiscada na escuridade, cunha formulación eminentemente plástica.