CABALLO Y LUNA

- INV:
- 1355
- Año de creación:
- 1985
- Dimensiones:
- 50 x 68 x 0
- Técnica:
-
Acuarela sobre papel
Comentarios
A figura dun xinete montado sobre un cabalo branco que cabalga pola noite preséntase como un personaxe máxico, nacido da mente fabuladora da artista, príncipe de fantasía e de desexo extraído dos clásicos contos infantís.O xinete, vixiado pola lúa azulada, vai vestido de época, con sombreiro de plumas e casca axitada polo vento.
O debuxo é transparente, delicado, cedendo o máximo protagonismo ó branco, enriquecido cunhas notas de cor seleccionadas cun gran sentido estético. Os rosas, os azuis e os verdes dominan a composición, dando lugar, tras a súa combinación, a delicados violetas, azulóns e morados que lle confiren harmonía cromática á obra.
As siluetas, case intuídas, do cabaleiro e a súa montura individualízanse do fondo branco mediante un finísimo trazo reforzado mediante pinceladas de rosas e azuis que xeran zonas sombreadas, suxerindo volume nunha feliz combinación de liña caligráfica e mancha de cor.