Aguarda que te unten

- INV:
- 2003
- Año de creación:
- 1793 - 1799
- Dimensiones:
- 22 x 15 x 0
- Técnica:
- Augaforte e augatinta
Comentarios
O exemplar de "Los caprichos" que posúe Caixavigo,inventariado co númeno 2003 foi editado en 1868 pola calcografía Nazonal.Pertence a unha terceira edición.Trátase dun tiraxe cunha excelentísima calidade que revela o bon estado no que se atopaban as pranchas nesa fecha de 1868. As 80 laminas que constitúen esta fascinante serie entán impresas sobre papel de tinta amarelento e preséntanse encuadernadas en tapa solta revestida de papel amarelo.Na tapa dianteira figura o título da obra e do autor,impresos en letras de molde,e un texto no que se nos especifica o número de estampas, a técnica de grabazón "Al agua fuerte con Aguadas de Resinas" o lugar e a fecha de edición "Madrid 1868" e o centro que as edita "Calcografía Nacinal" concretanto a dirección e o lugar onde se atopaba situada a cartografía.Na tapa posterior anunciábanse outros brillantes grabados de Goya publicados pola cartografía Nazonal,especificando medidas e prezos en escudos e milésimas de escudos. As 80 láminas teñen un formato vertical e unha medida media aproximada de 18x12 cm. que é a medida claramente señalada na táboa impresa na tapa posterior do libro.Van numeradas do 1 ate 80 e levan unha lenda individual que lles da título a cada unha.Soamente aparecen firmadas por Goya as que levan os números:14;27;60;63;65;68;69;70;. As láminas 32 e 39 están grabadas de xeito pouco habitual.En 1998,un ano antes de cunplirse o bicentenario da primeira edición dos caprichos,Caixavigo desarticulou o conxunto global que constituía o exemplar da serie,para expoñer o público todas as estampas de "Los caprichos" no centro cultural Caixavigo. Posteriormente,esta exposición partiría de Vigo para ser mostrada de forma itinerante por toda Galiza.con tal motivo a propia entidade publicou un libro cun texto de F.Pablos e un extenso e detallado estudo sobre a serie e cada unha das suas láminas,todas reproducidas,realizado por Arturo Ansón Navarro.
Exposiciones
“Los grabados de Goya en la Colección Caixanova” Museo de Arte de Sao Paulo, Brasil. Do 18 de marzo ao 3 de xuño de 2007. “Goya gravurista na Coleçao Caixanova” Museo de Arte Río Grande do Sul. Porto Alegre, Brasil. Do 14 de xuño ao 5 de agosto de 2007. “Goya en la Colección Caixanova” Freedom Tower. Miami, EE.UU. Do 20 de setembro ao 9 de novembro de 2007.