Sin título. De la serie "Mariñeiros"

- INV:
- 2010
- Año de creación:
- 1936 (Circa)
- Dimensiones:
- 37 x 26 x 0
- Técnica:
- Bromuro. Multigrade IV FB virado ó selenio
Comentarios
Nesta serie o fío narrativo é a vida dos mariñeiros, a crueza da súa realidade cotiá, as súas vivencias. A imaxe da muller, de pé, con pano escuro na cabeza, man sobre man, mirando cara ó infinito, co hórreo ó fondo, en medio dun silencio tranquilo pero inquietante, parece resalta-la ausencia doutra persoa, como se mantivese un diálogo íntimo con ela. Xoga co contraste de luces, a arquitectura e o ambiente solitario para fotografia-las xentes no só en canto ó seu aspecto fisico senón tamén ó psicológico. EXPOSICIÓNS: A serie Mariñeiros expúxose en París en 1935 e estivo itinerante por Uruguay e Argentina en 1940; "Mariñeiros" na Sala de Arte C.A.M. V. Vigo 1967, e Museo Antropolóxico de Ourense, 1971; "Idas y caos", organizada pola Biblioteca Nacional, Madrid, 1984; "Fuentes de la Memoria", itinerante por distintas cidades españolas, 1992. BIBLIOGRAFÍA: "Fuentes de la Memoria Fotografia y Sociedad en la España de Franco, 30 años de memoria gráfica, Lunwerg, 1996; Publio López Mondéjar "Una mirada atrás", ABC Cultural núm. 231, 1996.