Unha vendimia

- INV:
- 2043
- Año de creación:
- 1980 - 1981
- Dimensiones:
- 62 x 84 x 0
- Técnica:
- Técnica mixta sobre táboa
Comentarios
A vendima, máis que unha festa popular, é un rito anual que forma parte dunha cultura á que o autor nunca renunciou a retratar. A obra reflicte o bulicio e o movemento dunha xornada de traballo. As mulleres, de faces impersoais, cargan cestas de uvas e desbordan as seiras pola xenerosidade dos acios da vide con follas que inundan o espacio pictórico. Na táboa non existe o baleiro, só podemos intuír ó fondo a distante paisaxe montañosa. As figuras dominan esta composición sobrecargada, chea de detalles, enmarcada nun ornamental filete de puntos. Os motivos decorativos, redondeis, espirais, inspirados na artesanía portuguesa do azulexo, perfílanse en relevo, acadando calidades físicas, invadindo os vestidos coloristas das mulleres, as follas, os apetitosos acios... A calidez dos tons, os rosados combinados cos azuis, confiren alegría a unha composición que recorda ás follas da vide, á cor do viño, á dozura do aire do mes de setembro. EXPOSICIÓNS: "Virxilio". 1981. Sala de Exposicións de Caixaourense, Vigo