Comentarios
A figura, sentada sobre o pavimento da rúa, co corpo inclinado cara adiante, ó lado dunha caixa con obxectos de cerámica, ocupa o centro da composición. O pintor dá gran importancia ó debuxo, co que se perfilan as formas, que resaltan, nun espacio construído con hábil xogo de liñas, en harmonía coa cor, de matices opacos.