Dama leyendo junto a una ventana

- INV:
- 2118
- Año de creación:
- 1926 (Circa)
- Dimensiones:
- 100 x 79 x 0
- Técnica:
- Óleo/Táboa
Comentarios
Este cadro restaurouse na súa parte inferior sen que lle afecte para nada ó centro da táboa.
O pintor, creador dunha serie de tipos significativos da sociedade galega da época, evoca o tema da dama lendo diante dunha fiestra que tanto lle gustara ós pintores holandeses do Século XVII. A figura, sentada, cortada polo bordo inferior do cadro, sostén un libro entre ás mans. O seu rostro, de tez rosada e ollos azuis mira ó espectador, destacando encol da contra que se apoia, na parede do fondo. Con sensibilidade poética extrae unha fondura psicolóxica e dota dunha sobria elegancia á modelo. A luz, peneirada por unha vidriera, fai resalta-lo branco da cofia e o escote sobre o marrón avermellado que domina na composición. A dicción, lixera, faise máis expresiva nalgúns puntos, coma as xoias.
Exposiciones
Do 18 ao 29 de xaneiro de 1996, Vigo. Confederación de Empresarios de Pontevedra.
"Exposición Antológica de Fernando Álvarez de Sotomayor", do 13 de outubro ó 13 de decembro de 1998 no Museo de Bellas Artes de A Coruña, e do 17 de decembro de 1998 ó 18 de xaneiro de 1999 no Centro Cultural Caixanova en Vigo.
Exposición "Espacio Colección Caixanova", no Centro Social Caixanova Vigo, dende o 22 de novembro de 2006.
Reproducciones
"Colección Caixavigo". Tomo 4, páxina 89.