Comentarios
É un exemplo da capacidade de síntese poética que teñen as imaxes de Peteiro. A igrexa, os paxaros, as árbores e os productos da horta colocados no peitoril da ventá configuran unha imaxe característica do seu mundo persoal, imaxinario e alusivo, construído con formas esquemáticas de colorido alegre, perfiladas por un grafismo negro que dá ó conxunto o aspecto dunha vidreira, confeccionada con elementos cheos de vida, que se moven entre o natural e o ideal cun expresionismo dotado de certa dose caricaturesca.
Bibliografía
F. Pablos "O secundario elevado ó protagonismo", na presentación do catálogo da exposición "Bodegóns e Floreiros", reproducido co núm. 43.
Exposiciones
"Bodegóns e floreiros, Colección Caixavigo", abril-maio 1998 no Centro Cultural Caixavigo.