Comentarios
Reproduce a plumiña unha vista deste típico lugar da provincia de Pontevedra, captando o sabor da arquitectura popular galega co curral abaixo e a vivenda arriba coa solaina, e o flexible bacelo entre os balaustres do balcón. Con esta realidade tan evidente aflora a luz, a quietude e o silencio, destacando a figura dun campesiño sentado nun banco diante da fachada dunha das casas.