Comentarios
Plasma unha panorámica da cidade, na que se pode aprecia-la súa situación nun pequeno cerro, nos arredores da catedral gótica, que destaca sobre o resto das casas pola súa característica arquitectura. As formas xeométricas das construccións alternan con enclaves de vexetación, cun debuxo claro e preciso, enfatizado polo branco do papel.