Mascarada

- INV:
- 2239
- Año de creación:
- 1994
- Dimensiones:
- 80 x 58 x 0
- Técnica:
- Mixta/táboa
Comentarios
A través da plástica das máscaras e a imaxe dun neno co ventre avultado, dobrado sobre unha terra avermellada, árida, observado por un voitre, sensibiliza a nosa conciencia co problema da fame que padece gran parte da humanidade e lévanos a reflexións persoais. O verniz acentúa o carácter emotivo e sacraliza unha imaxe do mundo real. Freixanes é un dos artistas que nos primeiros anos dos 80 colaborou na renovación da arte galega e desde entonces mantivo unha liña coherente cos principios expresionistas da súa creación artística.Bibliografía
Xesús R. Jares "A mirada global da paz" en el capítulo I "O mundo no que vivimos algúns conflictos e retos urxentes" do catálogo "Construír a paz, Cultura para a paz".Exposiciones
"Construír a paz, Cultura para a paz" itinerante por toda Galicia, promovida polo grupo de educadores pola paz, Nova Escola Galega e Edicións Xerais de Galicia. 1996.
"25 años de arte. 25 años de empresa.Arte gallego para un aniversario". Sede da Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra. Vigo. Do 29 de outubro ao 27 de novembro de 2002.