Comentarios
A propia figura do artista destaca diante dunha porta. Roberto González traballa a partir dunha idea, escolle un escenario, fai unha fotografía e despois pinta reflectindo coas cores un estado de ánimo. E deles, da actitude, da roupa, do xesto, nacen suxestións e atmosferas. Cada unha das súas obras forma parte dun proxecto máis amplo, dunha iconografía concreta na que traballa durante algún tempo, pintando sempre en función das súas necesidades expresivas. A súa pintura non é realista, no sentido que se adoita aplicar este termo, é unha mestura de representación, concepto e reflexión.