Comentarios
Fragmentos de follas, de paxaros, de espellos, de aire, van encaixando coma anacos de xoguetes realzados con cores planas, verdes, vermellos, marelos, acoutados con negro, creando unha fantasía coa imaxe visual dunha vidreira. Son seres e cousas que se insinúan nese ámbito fronteirizo entre a realidade e o soño coa pegada das imaxes do ciclo de L´Hourloupe de Dubuffet e a influencia de Laxeiro.
Exposiciones
Nova Sala de Arte Caixavigo, setembro, 1997.