LUZ LENTA

- INV:
- 2256
- Año de creación:
- 1997
- Dimensiones:
- 146 x 114 x 0
- Técnica:
- Óleo, verniz brillante e pigmentos/tea
Comentarios
Unha franxa de luz penetra no espacio negro que domina o cadro cun significado eminentemente poético. Entra sen rompe-la pintura, como unha forma xerada interiormente, con bordos sutís que non dividen nin se impoñen, como na pintura de Rothko. A austeridade da cor e a súa relación coa forma e o espacio provocan un impacto que xera distintos pensamentos. Se "a cor -di Kandinsky- é un medio para exercer unha influencia directa sobre a alma" o negro parece concentra-lo misterio, visto con ollos espirituais é un arcano. Na cultura de Occidente foi considerado como a ausencia aparente de luz e de vida, pero cando se atravesa compróbase que non é que non haxa nada: é que hai outra cousa.
Exposiciones
"III Foro Atlántico de Arte Contemporánea" na Estación Marítima, A Coruña, 1997.
"Colección Caixanova. Unha visión da arte contemporánea galega". Centro Torrente Ballester. Ferrol. Do 21 de marzo ao 18 de abril de 2002. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. Do 26 de abril ao 28 de xullo de 2002. Pazo da Cultura. Pontevedra. Do 3 de outubro ao 30 de novembro de 2002.